Facémosvos chegar a información desta actividade na que participamos as bibliotecas municipais, e que está totalmente relacionada co Día Mundial da Auga, que hoxe se celebra.
Redondela organiza, a través do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, dentro da programación People & Planet unha actividade para a concienciación sobre o consumo sustentable da auga, e tamén sobre o acceso á auga potable e ao saneamento como dereito fundamental.
Se sodes mozas e mozos entre 9 e 16 anos, e tedes inquedanzas medioambientais, non deixedes de participar nesta proposta, na que ademáis de afondar nesta problemática que afecta ao presente e ao futuro do noso Planeta, aprenderedes sobre a performance como ferramenta para a transformación social.
Para preparar unha actividade tan complexa precisamos días!! Anotade nas vosas axendas , pois as reunións faranse durante tres xornadas: os mércores 12, 19 e 26 de abril, de 16 a 18 h., no Multiúsos de Redondela.
Para inscribirvos, achegádevos ás bibliotecas municipais de Redondela, dando o voso nome completo, teléfono e correo electrónico.
A actividade será desenvolvida polo grupo Artefeito, contando cunha persoa profesional das artes escénicas para o desenvolvemento práctico da mesma.
☎ Podedes informarvos en: participacioninfantileadolescente@redondela.gal ou na Biblioteca Xela Arias de Chapela: 986-454-226.