Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Un incendio orixinado nun cadro eléctrico obriga a desaloxar un edificio en Chapela

Unha avaría nun cadro eléctrico provocou un incendio nun edificio do Camiño Leitón, en Chapela. O suceso produciuse na tarde de onte, ata o lugar desprazáronse axentes da Policía Local, Bombeiros de Vigo e Protección Civil de Redondela. Foi necesario desaloxar o inmoble pola gran cantidade de fume que se estendera por todo o inmoble. Afortunadamente non se rexistraron danos persoais. Ata o lugar desprazáronse tamén a alcaldesa, Digna Rivas, e varios concelleiros do goberno local para interesarse pola situación dos veciños afectados e ofrecerlles unha alternativa de realoxo. Finalmente todos pasaron a noite en domicilios de familiares.

Compartir