Concello de Redondela

Busca
Pechar esta caixa de busca.
Busca
Pechar esta caixa de busca.

Volven os clubs de lectura das nosas bibliotecas

ImagenNoDisponible

Albízaras!
Volven os clubs de lectura nas Bibliotecas Municipais de Redondela.

As persoas interesadas en participar, podedes facer xa a vosa inscrición.

Que non sabedes que é un club de lectura ou nunca participastes en ningún?
Un club de lectura é unha xuntanza periódica onde un grupo de persoas comentan diferentes libros, obras que previamente cada un deles leu de xeito individual.

Nos nosos clubs as reunións son mensuais, e lemos un libro diferente de cada vez, procurando que as propostas lectoras sexan diversas e variadas.
A conversa varía dunha sesión a outra, pois xira arredor de aspectos moi variados: o estilo literario, a temática da obra, o pensamento do autor ou autora, amén das impresións persoais ou das emocións que o texto evoca nos lectores… todo ten cabida nas parolas dos clubs.

Este encontro e posta en común resulta moi enriquecedor, pois favorece que os participantes amplíen os seus puntos de vista, perciban detalles que se lles pasaran por alto, ou enfoquen os textos dun xeito diferente. Na conversa todos se enriquecen de todos.

As persoas participantes teñen que ter cumpridos os 18 anos, ter o carné de socias das Bibliotecas Municipais de Redondela, ou ben de calquera outra biblioteca da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, e inscribirse previamente nun dos clubs. En calquera caso, o carné das bibliotecas pode facerse no mesmo momento da inscrición.

Participar é de balde, e as bibliotecas, ademáis, proporcionamos os libros para cada sesión.

As xuntanzas:

Desenvolveranse desde o mes de novembro de 2022 ata xuño de 2023.

– Na Biblioteca P.M. Valle-Inclán de Redondela ➡ o terceiro VENRES de cada mes (*).
  Paseo da Xunqueira, S.N., Edificio Multiúsos, 1º andar. Redondela.
  986-401-561
  bibliotecaredondela@redondela.gal

– Na Biblioteca P. M. Xela Arias de Chapela ➡ o terceiro LUNS de cada mes (*).
R/ Piñeiral, nº22, Edificio Multiúsos, 1º andar. Chapela (Redondela).
986-454-226
bibliotecachapela@redondela.gal

(*) No caso de coincidir con festivos ou pontes, as datas modificaranse. Podedes consultar as datas no noso calendario de actividades.

Coordina os dous clubs Jerónimo Pomares.

Compartir