Concello de Redondela

Busca
Pechar esta caixa de busca.
Busca
Pechar esta caixa de busca.

Xoguemos a poetizar, nova proposta da Biblioteca Xela Arias, con Miguel A. Alonso Diz

ImagenNoDisponible


Desmontar as realidades e construir unhas novas a través da reflexión e da palabra é a proposta do obradoiro poético que teremos o próximo mércores, e que estará conducido polo escritor, divertido e sempre sorprendente, Miguel A. Alonso Diz.

Xogos poéticos, malabares coa palabra, desde os que atopar a reflexión sobre a violencia de xénero, a cousificación do corpo ou o acoso contra as mulleres, serán parte da experiencia na que mozos e mozas de 8 a 12 anos poderán participar, previa inscrición na biblioteca.

Un obradoiro que ofrece a Biblioteca Xela Arias de Chapela, e que está enmarcado na programación municipal para conmemorar o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Se queredes experimentar, se vos atrevedes co novo, apuntádevos!

A cita é o mércores 23 de novembro ás 18:00 h., na Biblioteca Xela Arias de Chapela.
Para mozos e mozas de 8 a 12 anos.
Inscrición previa na biblioteca.

Compartir