Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Redondela achégase ó "Terceiro Acto"

Concellaría de Cultura. Concello de Redondela
07-04-2021
0
Redondela achégase ó "Terceiro Acto"

A Concellaría de Cultura de Redondela e o Centro Dramático Galego organizan unha visita ó Salón Teatro de Santiago de Compostela para visualizar a obra "Terceiro Acto" o vindeiro 1 de Maio.

O Centro Dramático Galego ofrece ó Concello de Redondela a posibilidade de asistir á obra de teatro "Terceiro Acto", dirixida por Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez, e protagonizado por Belén Constenla, Roberto Leal, Fernando Morán, Mabel Rivera e Eduardo R. Cunha, Tatán (Rexistro de artistas de Redondela).

En colaboración coa Concellaría de Cultura de Redondela vaise organizar unha viaxe e a asistenza coma público ó Salón Teatro de Santiago de Compostela o vindeiro sábado 1 de Maio ás 17:00. A viaxe de ida e volta en autobús será de balde para os participantes, que unicamente terán que pagar a tarifa reducida da entrada de 6€ para gozar do “Terceiro Acto”.
.

"Queremos animar á veciñanza a participar e asistir á peza teatral "Terceiro Acto". Trátase dunha oportunidade para que a veciñanza de Redondela poda desfrutar dun acto cultural de primeira, contando con coidadas condicións sanitarias, e cun artista redondelán que acostuma a facer traballos actorais de nivel" manifestou o concelleiro de Cultura D. Daniel Boullosa Martínez.

O número máximo de asistentes, debido á actual situación de prevención e medidas sanitarias, é de 50 persoas. Organizarase ós espectadores por núcleos de convivenza e sempre mantendo as distanzas reguladas para poder desfrutar da cultura con total seguridade.

Por todo isto, para poder asistir, faise necesario reservar e apuntarse canto antes no Multiusos da Xunqueira de Redondela facilitando os datos persoais das persoas que se apuntan, a súa relación (ou non) de convivenza, e realizando o pago no momento dos 6 € no propio momento de inscribirse.