Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Museo Meirande

A ría de Vigo garda celosamente grandes segredos, innumerables riquezas e tesouros, froito de diversas batallas entre frotas co fin de saquear mercadorías.

Para lembrar, protexer e enxalzar este patrimonio escondido rehabilitouse a antiga fábrica do alemán, unha antiga conserveira do ano 1944 adquirida por un alemán afincado en Bilbao tras a súa colaboración na II Guerra Mundial cos nazis.

O centro non só nos amosa posibles tesouros arqueolóxicos e culturais da época da "Batalla de Rande", senón tamén parte do patrimonio industrial e histórico de Rande.

Unha serie de salas recrean a época, as mercadorías, a batalla, así como certos aspectos do mundo da conserva, nunha estampa perfecta, avistando a Ponte de Rande en plena enseada de San Simón.

O centro de interpretación da Batalla e do Patrimonio Cultural de Rande, Meirande, ten a misión de sensibilizar e concienciar da enorme riqueza artística, socio-cultural e paisaxística da zona.

Como chegar

Ver sitio web

Compartir