Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Festival de Monicreques

A "Asociación Xente Titiriteira" é a creadora e organizadora do evento, contando co apoio de diversos entes, entre eles o Concello de Redondela. A organización do evento mantén a vocación internacional do Festival, presentando os traballos e espectáculos de compañías profesionais de todo o mundo.

Unha festa da diversidade que encherá de novo Redondela de monicreques de fíos, monicreques tradicionais, vangardas creativas, xogos participativos, animación de rúa e un feixe de sorpresas. Seguindo a filosofía do seu creador, Juanjo Amoedo, o Festival continúa na liña de involucrar na súa celebración a maior cantidade posible de institucións, de sectores sociais e de xentes do concello, para manter este acontecemento como a maior manifestación cultural de Redondela. Así, o Festival conta xa co apoio de diversas institucións políticas, económicas e sociais de índole autonómica, provincial e local, e na súa organización participan de forma voluntaria arredor de 250 persoas procedentes de diferentes colectivos e agrupacións locais que conforman a "Asociación Xente Titiriteira".

Redondela transfórmase nestes días nun enorme escenario nos espazos abertos, dende a Alameda de Castelao ata a Casa da Torre. É unha das citas ineludibles para toda a cativada galega.

Compartir