No centro da vila, no espazo ao carón do río que durante un tempo foi o porto de mareas, encontramos a alameda. Leva o nome de Castelao, destacado intelectual e político nacionalista, dende o ano 1982.
No centro da alameda encóntrase unha escultura de corpo enteiro deste persoeiro, sufragada pola veciñanza e polo Concello de Redondela. A alameda ofrece distintos espazos de descanso, con bancos que están adicados a persoas destacadas da historia local e da cultura galega en xeral (Casto Sampedro, Xoán Manuel Pereira, Federico García Lorca, Julio Cortázar…).
As árbores centenarias, os rosais e os camelios ofrecen un cómodo lugar de repouso á beira do río, que alivia co seu frescor os días de máis calor. Dende este lugar tamén se observa o viaduto, que é un dos emblemas da vila de Redondela.
Ademáis conta co parque infantil Xohana Torres, fronte á Fonte de Santiago Apóstolo, sendo un dos lugares máis concorridos pola cativada de Redondela.