Concello de Redondela

Trátase dunha ruta de sendeirismo circular de 10 km, cunha duración aproximada de tres horas e dificultade media.

Situada na parroquia de Ventosela, comeza e remata na Casa Cultural, pasando pola Igrexa parroquial e sempre en ascenso, ata a Pedra Taió, o punto máis alto do camiño, dende o que poderemos ver unhas fermosas vistas sobre a ría de Vigo.

Polo camiño atopamos varias fontes de formacións rochosas cunha morfoloxía moi peculiar:
O conxunto rupestre da Pedreira, as Pedras Agudas, a Laxe das Abellas, a Pedra Taió (un dos lugares máxicos da zona), a Pedra que Fala e a Pedra Erosionada.

Como chegar

Compartir