Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Festa do Choco

É tradición en Redondela celebrar na primeira quincena de maio a Festa do Choco, celebración gastronómica de exaltación deste produto tan típico do municipio (os redondeláns eran coñecidos como choqueiros). choqueiros).

Comezou no ano 1987. Os chocos son capturados polos mesmos mariñeiros do lugar, sobre todo durante a primavera, que é a tempada tradicional deste molusco. Para isto, fan uso de artes tradicionais, como as nasas. Esta festa reúne aos máis importantes hostaleiros do municipio. Eles participan nunha competición gastronómica dividida en categorías. Este concurso é a estrela principal da festa, na que o municipio amosa e enxalza o seu produto por excelencia.

O recinto da festa sitúase no mesmo centro de Redondela, no aparcadoiro existente a carón dos xardíns da Alameda. Alí instálanse os distintos vendedores e mesas para os comensais. No propio recinto celébrase a tradicional verbena, así como distintas actividades de grupos folclóricos e un amplo programa de actividades festivas e culturais.

Compartir