Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Medio Ambiente

A área de Medio Ambiente do Concello de Redondela encárgase de xestionar a infraestrutura verde municipal e a protección e conservación do medio ambiente urbano.

Contacta

– As actividades comezaron esta semana cunha ruta en kaiak pola Portela, e haberá outras catro saídas ata o domingo pola Senda da Auga, visitas nocturnas pola praia de Cesantes e os muíños do Fondón e un roteiro ambiental en Monte Penide.

-Os concelleiros de Turismo, Rita Pérez Táboas, e Sostibilidade, Roberto Villar, achegáronse esta mañá á actividade celebrada na Portela e animaron tanto á veciñanza de Redondela como aos visitantes a participar nestas actividades organizadas para público de todas as idades.

As concellerías de Turismo, Sostibilidade e Medio Ambiente apostan unha vez máis polas actividades de ecoturismo e educación ambiental. Este mes de xullo ofrecen unha ampla proposta de roteiros e actividades a pé, en bico ou en kaiak, a maioría delas de balde. A primeira saída realizouse onte cunha actividade de iniciación ao kayak. Os participantes realizaron unn percorrido polos “segredos da Portela” para coñecer os fondos mariños, as pradeiras de zoostera, a zona intermareal e a Regasenda.

Ao longo desta semana haberá catro actividades máis. O xoves 18 terá está organizada unha ruta en bicicleta pola Senda da Auga con saída desde Chan das Pipas. Pódese participar con bici propia (5 euros) ou con bicis do Concello (8 euros). A actividade do venres día 19 é unha ruta nocturna pola praia de Cesantes para coñecer a zona intermareal, co saída ás 21.00 horas desde o Peirao, actividade de balde. Para o sábado día 20 tamén se está organizada unha saída nocturna, neste caso para percorrer os Muíños do río Fondón e Monte Penide. A saída será ás 21.30 desde o campo de fútbol de Trasmañó, actividade de balde. O domingo día 21 remataremos a semana cun roteiro ambiental por Monte Penide o saída ás 10.00 desde a mámoa do Rei. Actividade grautíta.

A próxima semana haberá unha saída en kayak pola enseada de san Simón o luns 22 e a programación rematará o sábado día 27 cunha actividades de observacións das estrelas no Campo de fútbol do Viso.

A concelleira de Cultura e Turismo, Rita Pérez, destacou a «transversalidade» destas actividades “que apostan polo turismo ambiental, sostible e responsable con saídas para coñecer o espectacular patrimonio natural de Redondela”. O concelleiro de Sostibilidade, Roberto Villar, sinalou que o obxectivo destas actividades é “poñer en valor os recursos naturais de Redondela e tamén concienciar á veciñanza e ás persoas que nos visitan da importancia de respectar estes espazos naturais e axudar a conservalos”.

Para participar nestas actividades é preciso facer a inscrición previa na oficina de turismo, no teléfono 986 40 17 13 ou no enderezo electrónico turismo@redondela.gal.

O punto limpo móbil é un espazo que percorre as diferentes parroquias cuns horarios e puntos prefixados, co fin de que a veciñanza poida depositar os pequenos residuos domésticos para os que non existen colectores na vía pública.

Este é un servizo gratuíto de recollida para particulares do Concello de Redondela.

¿QUÉ RESIDUOS PODO TIRAR?

  • Aceite de cociña usado embotellado

  • Tóner impresora

  • Radiografías

  • Lámpadas e fluorescentes

  • Cd / Dvd

  • Cápsulas de café

  • Cargadores e auriculares

  • Pilas e baterías

  • Material de escritura

  • Móbiles e tabletas

  • Pequenos electrodomésticos

  • Material informático

  • Aerosois e envases de pintura

  • Plásticos (non envases) e xoguetes

  • Xoguetes con elementos mecánicos ou electrónicos

  • Textil

Lembra!

Está prohibido depositar residuos fóra do punto limpo móbil.

Debemos lembrar que para outro tipo de residuos máis voluminosos contamos xa cun servizo de recollida porta a porta, é tan sinxelo como contactar con Urbaser no teléfono 986 388 111, en horario de 9 a 14 h. e se lle informará do día e lugar no que pode depositar estes residuos.

DATAS E UBICACIÓN DO PUNTO LIMPO MÓBIL

  • Diante da Casa Consistorial, do 24 de xuño ao 7 de xullo

  • A semana do 8 ao 14 de xullo en Chapela. Aparcadoiro da rúa Manuel Rodríguez Casal.

PARA MAIS INFORMACIÓN

986 388 111 De luns a sábado, de 9h a 14h.

Desde o Concello de Redondela lembra que as plantas das prazas, parques e xardíns son tamén parte do patrimonio municipal e merecen ser coidadas e protexidas como calquera outro ben do espazo público. As zonas axardinadas do centro da vila como as da rúa Ernestina Otero, ou a praza das Casas dos Mestres, son obxecto de roubos de flores e plantas ornamentais de maneira reiterada. O Concello de Redondela quere expresar a súa preocupación ante estes feitos, lamentando que siga habendo xente incívica que continúe arrincando as especies vexetais e deslucindo as nosas rúas. A pesar do esforzo que supón repor as plantas, esforzo tanto económico como de traballo por parte do persoal de Parques e Xardíns, cada día aparecen novos ocos nas macetas e xardineiras. Por iso, desde o Concello quérese facer un chamamento “á educación e ao respecto polo que é de todos e todas”. As plantas son tamén parte do patrimonio municipal e merecen ser coidadas e protexidas como calquera outro ben do espazo público. Desde o departamento de Parques e Xardíns pídese a colaboración da veciñanza, xa que estes actos supoñen “unha gran perda non só para o Concello, senón para toda a cidadanía que quere gozar dos recunchos tan bonitos que temos”. Desde o Concello espérase contar coa colaboración da poboación para preservar a beleza da nosa vila.

Aínda non hai eventos para as próximas datas

Medio Ambiente

Analíticas

Axenda 21 - Redondela

A Axenda 21 é un plan de acción das Nacións Unidas para un desenvolvemento sustentable no século XXI, aprobado por 173 gobernos na Conferencia sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento que tivo lugar en Río de Janeiro en 1992.

A Axenda Local 21 é un proceso a implantar e desenvolver polas Entidades Locais que se basea na integración das políticas ambientais, económicas e sociais do concello a través da elaboración e aplicación dun Plan de Acción Local.

Sumarse a esta iniciativa supón, xa que logo, o compromiso municipal de estimular o desenvolvemento de medidas encamiñadas a facer compatibles a conservación do medio co desenvolvemento social e económico do propio concello. Supón ademais facelo dun xeito estruturado e planificado o que implica unha actuación transversal coa participación da totalidade das áreas da Administración local.

A Axenda 21 Local é un proceso aberto e creativo que cada concello define baseándose na súa realidade e nos seus condicionantes.

ACCESO LIÑA VERDE

De interese...

DUBIDAS SOBRE A RECICLAXE?

INFORMACIÓN SOBRE PUNTOS LIMPOS

MAPA DAS FONTES E LAVADOIROS DO CONCELLO DE REDONDELA

Compartir