Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Fervenza da Feixa

O concello de Redondela ten un dos recunchos máis bonitos de toda a contorna. No ano 2014 o lugar foi posto en valor, sinalizado e acondicionado cunha senda para poder observar este fantástico lugar.

Trátase da fermosa Fervenza da Feixa, en San Paio de Abaixo, na parroquia de Reboreda, no río Alvedosa. O río Alvedosa é o responsable, xunto co Maceiras, da pequena ría de Redondela. Nace preto de Lamasurán e xa preto do seu nacemento o río precipítase formando bonitas fervenzas, como a do Rañón. Máis abaixo recibe as augas de varios regachos e xa preto do centro urbano xúntase co Maceiras.

Preto de Redondela construíuse a ponte que permitirá algún día ao AVE cruzar o Val do Maceiras. Por baixo del discorre o citado río. É aquí xusto onde empeza a pequena senda de menos de 200 metros que nos levará ata esta marabillosa fervenza que salva un desnivel duns 15 metros.

Como chegar

Compartir