Concello de Redondela

Busca
Pechar esta caixa de busca.
Busca
Pechar esta caixa de busca.

Contacontos na Biblioteca Xela Arias, dentro da programación do Día da Muller

ImagenNoDisponible

As bibliotecas municipais sumámonos á Programación do Día da Muller do Concello de Redondela coa celebración dun contacontos.

A sempre divertida narradora oral Ana Facchini, achegaranos o espectáculo «Tanto conta, conta tanto», que gustará a cativos e grandes.

Será na Biblioteca Xela Arias, en Chapela, o venres 11 de marzo, ás 18:30 h.

A actividade é de balde, pero precisa inscrición previa. Podedes anotarvos:
– Presencialmente, na Biblioteca Xela Arias.
– Chamando por teléfono: 986-454-226
– Por correo electrónico: bibliotecachapela@redondela.gal

Ademáis as bibliotecas de Redondela vimos de ampliar as nosas coleccións con novos libros relacionados co feminismo, e que podedes xa consultar nas nosas bibliotecas.

Compartir