Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Desertores achegan a Xela Arias máis rockeira ao Multiúsos de Chapela

ImagenNoDisponible

A Biblioteca Xela Arias celebrou este venres un dos actos máis emocionantes deste Ano Xela Arias, adicado á autora.
Tras meses adicando á figura de Xela Arias diferentes actividades en formatos diversos cos que evitamos a xuntanza física de persoas (programa de radio, videovisita, encontro virtual) e que nos valeron o Premio de Innovación Bibliotecaria de Galicia 2021, por primeira vez nos embarcamos nunha actividade presencial.

Así as bibliotecas organizamos un superconcerto co grupo de rock Desertores, no auditorio do Multiúsos de Chapela, xusto a carón da biblioteca que leva o nome de Xela Arias.

Velaquí imaxes do concerto, cedidas por Roberto Solano.

O concerto ía precedido pola presentación do libro-disco «Cancións», co que a editorial Xerais presenta os temas desta banda de rock para a que Xela Arias colaborou como letrista. Se trata de 12 cancións cheas de forza, de rebeldía, de dozura e de violencia nos seus textos, que rezuman o espíritu da noite e da xungla urbana do seu tempo. 12 cancións que se amosan no castelán orixinal en que as escribiu Xela, pero tamén coa tradución ao galego, realizada por Teresa Cuíñas Lavandeira, responsable tamén da edición do libro.

A presentación foi  conducida pola alcaldesa, Digna Rivas, á que acompañaban a concelleira de cultura, Iria Vilaboa,  xunto con persoal das bibliotecas municipais. Con elas estaban tamén o director de Xerais, Fran Alonso, e mais Darío Gil, fillo de Xela Arias.

Foron varios membros da familia de Xela Arias os que se achegaron ao auditorio do Multiúsos de Chapela para gozar deste concerto: a súa nai Amparo Castaño, o seu fillo, Darío Gil e mais dous dos irmáns de Xela: Marcos e Lois.

Trala presentación, a poeta e artista audiovisual Andreia Costas realizou a lectura dunha das cancións de Xela, segundo a tradución ao galego do propio libro.

 

E despois desta presentación, o grupo Desertores non se fixo agardar…

Cunha grande enerxía subiron ao escenario, e transmitíronnos a forza e as boas vibracións da música, contaxiando de entusiasmo a toda a sala.

Foi un concerto de moita altura, no que os 5 compoñentes que estaban subidos ao escenario: Valerio Araújo, cantante, Juan Díaz, baixo, Humberto Heredia, guitarra, Miguel González, batería, e mais o saxofonista Jorge Beltrán, estiveron en todo momento acompañados pola presenza espiritual de Xela Arias.

Música chea de forza coa que o grupo soubo transmitir a emoción que tiñan por tocar nesta cita tan especial… asociada á biblioteca co nome da súa querida excompañeira, Xela Arias.
Emoción e ledicia contaxiosa que se transmitiu a toda a sala como unha vaga eléctrica. Música coa que non decepcionaron aos seus seguedores… nin a ningunha das persoas usuarias da biblioteca ou veciños de Chapela que se achegaron ao auditorio de gozar do son musical máis entusiasta.

 

Grazas a Desertores por planificar con nós pensando en Xela Arias.

    Grazas a  Andreia Costas polo seu recitado.

      Grazas á familia de Xela, por estar sempre ahí ao noso carón apoiándonos.

        Grazas a Xerais por unha proposta editorial tan interesante e necesaria.

          E grazas á Concellería de Cultura, e ao Concello de Redondela por apostar polas bibiliotecas.

#RedondelaconXela
#XelaArias2021
#LetrasGalegas2021

Compartir