A igrexa de Redondela, situada no punto máis elevado do casco histórico, está adicada a Santiago Apóstolo.
O conxunto primitivo deste grupo relixioso lévanos á primeira metade do século XV, cando se erixíu esta igrexa sobre outra edificación máis antiga que xa fora consagrada polo poderoso arcebispo de Santiago, Diego Xelmírez, en 1114. Co paso do tempo fóronselle engandido, á estrutura orixinal, as capelas de San Sebastián e de San Bieito, as dúas de planta cadrada e cubertas con bóvedas de crucería. Foron rematadas a fins do século XV. No ano 1641 levantáronse os dous contrafortes da parte central da ábsida.
En 1714 a sancristía, que é de planta rectangular e está cuberta con bóveda de canón. Nela aparece o escudo de Redondela, coas cunchas do revés e o ano da finalización da obra. No exterior debemos destacar a Casa Reitoral, rehabilitada conforme as técnicas artesanais. Esta edificación está datada en 1641, conforme ao escudo heráldico que hai na súa fachada. Pero o certo é que a casa primitiva, a poucos metros da orixinal, foidestruída polo exército francés ao mando de Napoleón en 1809.