Pazo do século XVII que foi restaurado nos anos 50 no seu interior, sen alterar apenas o seu aspecto exterior. Trazado sobre unha planta en L de tres alturas, cunha torre con almenara nun dos seus extremos. Cómpre salientar a escaleira presidida polo Apóstolo Santiago e que remata nun pequeno patín, a capela, un hórreo e unha fonte de gran beleza, todo en bo estado de conservación.
Ademais de servir de escenario para varios filmes, nos últimos anos gravouse no seu interior o programa de cociña da TVG “Larpeiros”.