ÁREAS
Estas son las áreas de trabajo en las que se articula el Ayuntamiento de Redondela. Pulsa sobre cualquiera de ellas para conocerlas más a fondo o realizar trámites.
ÁREAS
Estas son las áreas de trabajo en las que se articula el Ayuntamiento de Redondela. Pulsa sobre cualquiera de ellas para conocerlas más a fondo o realizar trámites.
Solicita tu tarxeta cidadá
Solicita tu tarxeta cidadá y accede a todos los servicios y ventajas que tenemos diseñados para ti.
Tarxeta cidadá de Redondela.
Más fácil, más cerca, más Redondela.

Bájate la App del ciudadano
Todas las ventajas de la Tarxeta cidadá de Redondela en tu Móvil.

¿Jugamos?
Reserva tu pista con nuestro sistema online y no te quedes sin jugar. Servicio exclusivo para ciudadanos registrados en el sistema de Tarjeta Ciudadana.

Participación ciudadana
Queremos conocer tu opinión. Participa en nuestras encuestas, que nada silencie tu voz. Date de alta como ciudadano y participa.

Deportes en Streaming
Disfruta de la emoción del deporte local. Toda la liga de futbol sala en directo, para que puedas apoyar a tu equipo.

¿Un partiditido?
Reserva tu pista con nuestro sistema online y no te quedes sin jugar. Servicio exclusivo para ciudadanos registrados en el sistema de Tarjeta Ciudadana.

Participación ciudadana
Queremos conocer tu opinión. Participa en nuestras encuestas, que nada silencie tu voz. Date de alta como ciudadano y participa.

Deportes en Streaming
Disfruta de la emoción del deporte local. Toda la liga de futbol sala en directo, para que puedas apoyar a tu equipo.
Redondela al día
Miguel Díaz, do Grupo América, Rita Pérez, concelleira de Cultura, Digna Rivas, alcaldesa, Ángel "Corenta", gaiteiro protagonista do cartel deste ano, e Manuel Conde, pregoeiro das festas.
– As alfombras florais e as danzas das Espadas e as Penlas serán as protagonistas desta festa, entre o 18 e o 22 de xuño, xunto a grandes concertos como os de Heredeiros da Crus, Grande Amore, Panorama City ou o espectáculo infantil e familiar de Uxía Lambona e a Banda Molona.
– Manuel Conde, presidente do Grupo Casa Paco e cunha longa traxectoria fomentando no fútbol base, será o pregoeiro das festas da Coca. Co gallo desta celebración tamén se organizan viaxes en barco con visita guiada á illa de San Simón os días 19, 21 e 22 de xuño.
Do 18 ao 22 de xuño Redondela celebra a súa semana grande coas Festas da Coca, onde a tradición e a mellor oferta musical van da man. O Concello de Redondela ofrece unha ampla programación con cinco días de festexos onde as tradicionais danzas das Espadas e as Penlas serán as protagonistas xunto coas alfombras florais. A concelleira de Cultura, Rita Pérez Táboas, sinala que a esta tradición secular “súmase unha potente programación musical, cunha ampla oferta de grupos e estilos que van desde a música tradicional galega, ata o pop e o rock, con grandes apostas como Heredeiros da Crus e o Grupo América, pasando polas grandes orquestras con Panorama City e verbenas”.
O mércores os concertos correrán a cargo da Orquestra de Saxos de Redondela e a orquestra Panorama City. O xoves, festividade da Coca en Redondela, as citas serán co grupo Uxía Lambona e a Banda Molona, para público infantil e familiar, e a orquestra Marbella.
Máis de 7 horas de música con Rock Redondela
O tradicional certame Rock Redondela que se inclúe na programación da Festa da Coca ofrece este ano unha xornada con cinco concertos e máis de 7 horas da mellor música rock. Será o venres, 20 de xuño, no Campo da Feira, desde as 19.30 horas con entrada de balde. Nesta ocasión son os redondeláns Perfectos Extraños, Retroblues e Elevën os que subirán ao escenario para animar ao seu público. A mítica banda galega Herdeiros da Crus, que actuará a media noite, presentará o seu último álbum “Trankimasin”. América de Vigo ofrecerá un gran espectáculo co seu tributo a toda a historia do rock and roll, facendo un repaso dos grandes éxitos de todos os tempos con dous pases, o primeiro ás 21.30 horas e o segundo ás 01.30 para pechar o festival.
Na xornada do sábado os concertos comezarán ás 22.00 horas con Gran Parada, para dar paso ás 01.00 a Grande Amore. O trío formado por Nuno Pico, Clara Redondo e María Grep presentará o seu disco “III”, avalado polo público e a crítica. O pica discos Rodri Vegas completará a oferta musical da noite.
Xa o domingo as festas pecharanse cos concertos da Banda de Música de Chapela e a orquestra Olympus. A alcaldesa, Digna Rivas, salienta tanto a calidade da programación musical como “a aposta decidida deste goberno polos grupos e artistas locais, que estarán presentes en toda a programación, xa que Redondela ten moito talento e é a nosa obriga poñelo en valor, tanto aos grupos que teñen xa unha longa traxectoria como as novos valores da música local”.
Homenaxes a alfombristas, bailaríns e relevo das Penlas
A Festa da Coca comezará o mércores, día 18, ás 18.00 co desfile de Xigantes e Cabezudos polas rúas da vila xunto ao grupo de gaitas Airiños de San Simón. A orquestra de Saxos actuará ás 19:30 na Praza do Concello e a inauguración oficial da festa será ás 20:00 coa lectura do pregón a cargo de Manuel Conde Docampo. Coñecido como “Manolo Casa Paco”, é un referente no mundo do fútbol base en toda a bisbarra, e destaca pola súa activa implicación nas actividades culturais e tradicionais de Redondela.
A continuación celebrarase o acto solemne de relevo das Penlas, e as homenaxes ás persoas que traballaron nas alfombras florais e aos bailaríns da Danza das Espadas, antes de proceder ao acendido da iluminación da festa.
Danza das Espadas e as Penlas
Os actos do xoves, festividade da Coca, comezarán ás 11.00 co traslado da Virxe “A Gabacha” da Igrexa de Vilavella á Igrexa de Santiago de Redondela, acompañado pola Danza das Espadas, das Penlas e a Banda de Música de Redondela.
Ás 12:00 será o desfile da Coca cos Mordomos e Diañiños, acompañada por Xigantes e Cabezudos ao son do grupo de gaitas Son do Castro. A Misa Maior será tamén ás 12:00 na Igrexa de Santiago de Redondela. Ás 13:00 horas será a procesión polas rúas, decoradas con alfombras florais, acompañada pola Banda de Música Municipal de Redondela. O baile de homenaxe da Danza das Espadas e das Penlas será na Praza da Constitución.
O domingo, día 22 de xuño, o desfile da Coca será tamén ás 12.00 cos Mordomos e Diañiños, acompañada por Xigantes e Cabezudos ao son do grupo de gaitas do Carballo das Cen Pólas. Tamén ás 12:00 será a misa na Igrexa de Vilavella, coa posterior procesión polas rúas de Vilavella decoradas con alfombras florais e acompañada pola Danza das Espadas e das Penlas, coa Banda de Música de Chapela. O baile de homenaxe da Danza das Espadas e das Penlas será na Praza de Ribadavia.
Deporte na rúa
O deportes tamén estará presente na programación coa competición “Balonmán na rúa” o venres desde as 18.00 horas na pista da Xunqueira e a Alameda Castelao. O domingo será a quenda da patinaxe con “Patina na rúa” ás 19.00 na pista da Xunqueira.
Viaxes á illa de San Simón
Co gallo da Festa da Coca os días 19, 21 e 22 organízanse viaxes en barco á illa de San Simón con visita guiada ao prezo de 6 euros por persoa. Haberá saídas desde o peirao do museo Meirande e desde o porto de Cesantes. Poden mercarse as entradas no museo Meirande (986 458 891), na oficina de turismo de Redondela (986 401 713) e en www.crucerosangel.com