ÁREAS
Estas son as áreas de traballo nas que se articula o Concello de Redondela. Pulsa sobre calquera delas para coñecelas máis a fondo ou realizar trámites.
ÁREAS
Estas son as áreas de traballo nas que se articula o Concello de Redondela. Pulsa sobre calquera delas para coñecelas máis a fondo ou realizar trámites.
Solicita a túa tarxeta cidadá
Solicita a túa tarxeta cidadá e accede a todos os servizos e vantaxes que temos deseñadas para ti.
Tarxeta cidadá de Redondela.
Máis fácil, máis preto, máis Redondela.
Descarga a App do cidadán
Todas as vantaxes da Tarxeta Cidadá de Redondela no teu móbil.
¿Xogamos?
Reserva a túa pista co noso sistema en liña e non te quedes sen xogar. Servizo exclusivo para cidadáns rexistrados no sistema de Tarxeta Cidadá.
Participación cidadá
Queremos coñecer a túa opinión. Participa nas nosas enquisas, que nada silencie a túa voz. Rexístrate e participa
Deportes en Streaming
Goza da emoción do deporte local. Toda a liga de balonmán ou fútbol sala en directo, para que poidas apoiar ao teu equipo
Xogamos?
Reserva a túa pista co noso sistema en liña e non te quedes sen xogar. Servizo exclusivo para cidadáns rexistrados no sistema de Tarxeta Cidadá.
Participación cidadá
Queremos coñecer a túa opinión. Participa nas nosas enquisas, que nada silencie a túa voz. Rexístrate e participa.
Deportes en Streaming
Goza da emoción do deporte local. Toda a liga de balonmán ou fútbol sala en directo, para que poidas apoiar ao teu equipo
Redondela ao día
– O pleno aprobou onte o pago de facturas pendentes a provedores locais e pemes por valor de 106,565 euros. A proposta saíu adiante cos votos de PSdG-PSOE, AER e BNG, malia os votos en contra do PP. Trátase de pagos por bens ou servizos prestados en 2024 e que deben aprobarse no pleno.
– A alcaldesa, Digna Rivas, agradece o apoio responsable do BNG para sacar adiante a proposta e que os provedores poidan cobrar. Os fondos sairán das arcas municipais, do remanente de Tesourería, e os pagos comezarán a realizarse en decembro unha vez superados os prazos que marca a lexislación.
O pleno da corporación de Redondela aprobou onte o pago de facturas pendentes correspondentes ao ano 2024 por valor de 106,565 euros. Trátase de facturas de provedores locais e pequenas e medianas empresas, moitas correspondentes aos últimos meses do ano e que non se sufragaron no exercicio correspondente, polo que deben ser aprobadas en pleno. A proposta saíu adiante cos votos do PSdG-PSOE, AER e BNG, e o voto en contra do PP. A alcaldesa, Digna Rivas, agradece o apoio responsable do grupo municipal do BNG para sacar adiante a proposta e que os provedores poidan cobrar.
Os fondos para os pagos destas facturas sairán das arcas municipais, do remanente de Tesourería, que ascende a 4 millóns de euros. Logo de aprobarse onte o gasto no pleno da corporación, os pagos comezarán a realizarse en decembro, unha vez se publique no Boletín Oficial da Provincia e superados os prazos que marca a lexislación.
