ÁREAS
Estas son as áreas de traballo nas que se articula o Concello de Redondela. Pulsa sobre calquera delas para coñecelas máis a fondo ou realizar trámites.
ÁREAS
Estas son as áreas de traballo nas que se articula o Concello de Redondela. Pulsa sobre calquera delas para coñecelas máis a fondo ou realizar trámites.
Solicita a túa tarxeta cidadá
Solicita a túa tarxeta cidadá e accede a todos os servizos e vantaxes que temos deseñadas para ti.
Tarxeta cidadá de Redondela.
Máis fácil, máis preto, máis Redondela.

Descarga a App do cidadán
Todas as vantaxes da Tarxeta Cidadá de Redondela no teu móbil.

¿Xogamos?
Reserva a túa pista co noso sistema en liña e non te quedes sen xogar. Servizo exclusivo para cidadáns rexistrados no sistema de Tarxeta Cidadá.

Participación cidadá
Queremos coñecer a túa opinión. Participa nas nosas enquisas, que nada silencie a túa voz. Rexístrate e participa

Deportes en Streaming
Goza da emoción do deporte local. Toda a liga de balonmán ou fútbol sala en directo, para que poidas apoiar ao teu equipo

Xogamos?
Reserva a túa pista co noso sistema en liña e non te quedes sen xogar. Servizo exclusivo para cidadáns rexistrados no sistema de Tarxeta Cidadá.

Participación cidadá
Queremos coñecer a túa opinión. Participa nas nosas enquisas, que nada silencie a túa voz. Rexístrate e participa.

Deportes en Streaming
Goza da emoción do deporte local. Toda a liga de balonmán ou fútbol sala en directo, para que poidas apoiar ao teu equipo
Redondela ao día
– O subdelegado do Goberno explica que a actuación, debido ao alcance dos movementos de terras e a necesidade de afianzar as novas estruturas de contención, durará 6 meses, e os traballos estarán rematados no verán.
– A alcaldesa de Redondela Rivas felicita ao Ministerio de Transportes por unha actuación “que era moi necesaria e que demandamos dende o Concello polos problemas de seguridade na estrada”.
O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, visitou esta semana as obras de emerxencia que se están a realizar nun tramo da estrada N-552, en Trasmañó. Na visita, na que estivo acompañado pola alcaldesa, Digna Rivas, e o concelleiro de Urbanismo, Antonio Cabaleiro, destacou que se trata dunha obra de gran envergadura para solucionar un problema de afundimento que se viña arrastrando neste punto.
As obras, a cargo do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, comezaron no pasado mes de febreiro e contan cun orzamento total de 2.505.161,54 euros e un prazo de execución de 6 meses. Foron adxudicadas polo procedemento de emerxencia, feito que Abel Losada agradeceu aos responsables da Demarcación de Estradas en Galicia “porque permitiu apurar uns trámites que se terían demorado moito máis cunha licitación ordinaria”. O subdelegado afirmou que as obras van “a bo ritmo” e que se as condicións meteorolóxicas o permiten os traballos estarán rematados no verán.
Pola súa banda, a alcaldesa, Digna Rivas, agradeceu a visita e felicitou ao Ministerio de Transportes por unha actuación que, recordou, “era moi necesaria e que demandamos dende o Concello polos problemas de seguridade na estrada, e os feitos demostran que desde o Ministerio houbo boa receptividade”.
Ancoraxes para reforzar o talude
O traballo máis complexo desta obra é a estabilización do terraplén, con traballos a máis de tres metros de profundidade para reforzar o terreo. Instalarase unhas ancoraxes para reforzar a estrutura do talude, con pezas de aceiro e formigón. Rivas explica que, deste xeito, asegúrase que non se volvan producir afundimentos. Tamén se está a reparar a rede de colectores que hai baixo o asfalto, para o que é preciso fresar toda a superficie e logo repoñer o firme afectado.
A seguridade do persoal que está realizando as obras esixe habilitar desvíos de tráfico, cortando un carril de circulación entre os puntos quilométricos 4+700 e 5+300, dando paso alternativo polo outro carril a ambos sentidos de circulación mediante regulación semafórica. Tanto Losada como a alcaldesa piden “comprensión” aos condutores que se poidan ver afectados por estas obras “xa que se trata duns traballos complexos que son necesarios para garantir a seguridade da vía”.
Os técnicos do Ministerio explicaron tamén que o material resultante do fresado do firme é trasladado a unha planta de tratamento para a reciclaxe dos diferentes compoñentes.